FRASES PARA A HISTORIA

Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!

lunes 6 de octubre de 2008

Novo blog

Ola a todos!!
Como vai o curso?
Fago esta última entrada no blog para decirvos que o blog do novo cole xa está funcionando, aínda que pouco a pouco... A dirección é http://aclasedeana.blogspot.com/
Un biquiño

lunes 25 de agosto de 2008

Dinosauros

Ola chicos!!!
¿Como vai o verán? Espero que o esteades pasando moi ben porque o merecedes e ademáis xa vai quedando menos para estar de novo no cole.
Para que aproveitedes ao máximo os derradeiros días de vacacións deixovos no noso blog unha información que penso que a algún pode interesarlle.... É unha nova peli que expón a Domus, Museo do Home e Coruña e que trata sobre DINOSAUROS. Na web tedes máis información.
http://www.casaciencias.org/domus/
Moitos biquiños, xa me contaredes se algúen vai!!!

lunes 23 de junio de 2008

Moitas grazas

Parece que foi onte cando empezabamos o curso e xa rematou... E co curso tamén remata o meu traballo con estes Globiños, así que, tamén dende o noso blog mándovos moitos bicos.
Moitas grazas a todos.

Ata sempre.

miércoles 11 de junio de 2008

Pirateo e outros

Nestes días estamos metidos de cabeza no proxecto de investigación dos Piratas, deixando un pouco apartado o libro de texto... Sintoo pero non podemos con todo e o proxecto pareceme máis interesante para estes últimos días de cole.
Xa estabamos coas mans na masa, lendo contos, vendo pelis, aprendendo cancións... cando uns piratas moi coñecidos viñeron a buscarnos para ver na súa clase unha nova webquest sobre Piratas na que o Capitán Cara de Pan poñianos a proba para facer unhas probas que temos que superar para atopar o seu tesoro.


Como vedes, se picades no enlace, coñecimos outros nomes cos que se coñecen os piratas e recordamos as partes do barco (e aprendimos o nome galego de algunhas que xa coñeciamos, por eso no libriño de Piratas aparecen co nome en castelan e en galego) A proba que tiñamos que superar nesta ocasión era construir o noso propio barco pirata, así que hoxe puxémonos mans a obra e a primeira proba está superada! A ver se lle gusta o noso barco o Capitán Cara de Pan!!!







Tamén, como seguro xa vos contaron, o martes veu ao cole un mago moi divertido para festexar de maneira máis especial a pasada celebaración do día das Letras Galegas, que xa trataramos na clase pero non de forma tan máxica. O mago Chrystyan era moi simpático e fixonos reir un montón ademáis de deixarnos coa boca aberta polos trucos que facía!!! Sacaba caixas dun caixón baleiro, facía voar panos dunha man a outra, convertía discos negros en discos de cores... Os nenos e os maiores o pasamos moi ben!! As fotos podedes velas no álbum.

Por último no que levamos de semana, contarvos que agora somos máis na clase porque temos un montón de bolboretas que xa sairon do capullo, eclosionaron, e xa están poñendo ovos para novos gusaniños a primavera vindeira!!!



jueves 5 de junio de 2008

Un pouco de todo

Estes son os debuxos que fixemos para empezar o proxecto dos piratas. Agora son algo minimalistas pero xa veredes como vai mellorando a cousa...









Tamén tivemos outra investigación entre mans porque a semana pasada os Pulpis pedironnos axuda para resolver unha dubida que xurdiu despois da lectura dun conto ¿cantos pés terá un cempés? Así que entre todos fixemos un montón de zapatos para tratar de atopar unha solución. Na próxima semana voltaremos para comprobar o número xa que nesta semana quedou a actividade a medias.

Durante a semana pasan moitas cousas divertidas como a ocurrencia de Noe; sabedes o que ten no nariz?? a "funda" do quesito!!!
Hoxe celebramos o Día do Medioambiente, do que xa falaramos onte, e pola ocasión tivemos unha visita: Os monstros refugalladores, que resultaron ser os Pulpis que viñan a recoller o lixo para poder reciclalo que así recordaronnos a importacia de facelo para axudar o noso planeta; ao que hoxe todo o mundo quería un montón!!!

martes 3 de junio de 2008

Unha de piratas

lunes 2 de junio de 2008

Piratas e viaxes

Hoxe pola mañá os Pulpis viñeron a nosa clase con novidades... Na súa clase apareceu unha botella moi misteriosa cunha mensaxe aínda máis misteriosa...

Como vedes tratase do Capitán Cara de Pan que pretende atopar un tesouro oculto no noso cole que agocharon os seus inimigos o Pirata Capa de Prata e o Pirata Pata de Lata. Para poder axudalo temos que investigar sobre os piratas xunto coa clase dos Pulpis.

Para empezar sentamonos a pensar que cousas sabemos dos piratas:
Isma: que luchaban
Iria: luchaban con espadas
Isma: encontraban tesoros
Andrés: un pirata usaba cosas de cocina como espada
Maruxa: en un pie tenían unha pata de palo
Nati: escondían tesoros
Isma: luchaban con tiburones
Maru: cando agochan un tesouro fan un plano para atopalo outro día.
Cris Nimo: tenían huesos en la barriga
Michele: cuando morían se convertían en huesos
Ainhoa: en un esqueleto
Isma: en el gorro tienen una cabeza de esqueleto
Cris Nimo: hay unos del Caribe
Isma: y otros del Capitán Garfio
Maru: os piratas navegan nun barco e tiñan cañóns
Isma: nos barcos tenían ventanas
Nati: tenían armas
Andrés: tenían cañones-bomba
Isma: se hundieron en el agua porque los barcos se caían dentro del mar con las olas o con las ballenas. Cuando iban a buscar su tesoro se lo había llevado otro pirata.

Despois da charla pensamos que cousas queremos saber sobre os piratas que aínda non sabemos ou non temos moi claras... Todo quedou recollido neste panel.

Logo fixemos uns debuxos de como pensamos nós que pode ser o Capitan Cara de Pan, xa case os temos rematados así que pronto poderemos ensinalos.

Agora temos que empezar a investigar sobre o tema así que se tedes algunha información ou material na casa podedes traelo a clase para que nos axude na nosa nova aventura.

Por outra banda tames completamos un pouco máis o panel das nosas viaxes escribindo o nome do sitio no que estivemos e buscandoo no mapa de Galicia, de España ou do Mundo; cando o atopamos eleximos un gomet para identificar a foto e tamén o pegamos nos mapas.





Ah! xa tedes máis fotos das pistas cavernicolas...