FRASES PARA A HISTORIA

Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!

miércoles 11 de junio de 2008

Pirateo e outros

Nestes días estamos metidos de cabeza no proxecto de investigación dos Piratas, deixando un pouco apartado o libro de texto... Sintoo pero non podemos con todo e o proxecto pareceme máis interesante para estes últimos días de cole.
Xa estabamos coas mans na masa, lendo contos, vendo pelis, aprendendo cancións... cando uns piratas moi coñecidos viñeron a buscarnos para ver na súa clase unha nova webquest sobre Piratas na que o Capitán Cara de Pan poñianos a proba para facer unhas probas que temos que superar para atopar o seu tesoro.


Como vedes, se picades no enlace, coñecimos outros nomes cos que se coñecen os piratas e recordamos as partes do barco (e aprendimos o nome galego de algunhas que xa coñeciamos, por eso no libriño de Piratas aparecen co nome en castelan e en galego) A proba que tiñamos que superar nesta ocasión era construir o noso propio barco pirata, así que hoxe puxémonos mans a obra e a primeira proba está superada! A ver se lle gusta o noso barco o Capitán Cara de Pan!!!







Tamén, como seguro xa vos contaron, o martes veu ao cole un mago moi divertido para festexar de maneira máis especial a pasada celebaración do día das Letras Galegas, que xa trataramos na clase pero non de forma tan máxica. O mago Chrystyan era moi simpático e fixonos reir un montón ademáis de deixarnos coa boca aberta polos trucos que facía!!! Sacaba caixas dun caixón baleiro, facía voar panos dunha man a outra, convertía discos negros en discos de cores... Os nenos e os maiores o pasamos moi ben!! As fotos podedes velas no álbum.

Por último no que levamos de semana, contarvos que agora somos máis na clase porque temos un montón de bolboretas que xa sairon do capullo, eclosionaron, e xa están poñendo ovos para novos gusaniños a primavera vindeira!!!