FRASES PARA A HISTORIA

Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!

domingo 25 de mayo de 2008

Vermes e contos sen rematar

Durante a semana levamos unha gran sorpresa o mirar os nosos vermes da seda xa estaban facendo os capullos!!! E nós sen enterarnos porque os moi pillos estaban agochados debaixo das follas de moreira, pero ao ir comendoas descobrimos o "pastel". Así que aproveitamos para recordar o proceso da vida dos vermes e facer unha ficha, que, sorprendentemente non resultou sinxela para algúns.

Por outra banda os Pulpis prestáronnos un conto que se titulaba El cazador prehistorico. Preparámonos para contalo pero... só tiña escrita unha páxina!!!! Ante tal despite dos Pupis pensamos en rematalo nós e darlles unha sorpresa. Aquí tedes o noso primer gran éxito coma escritores!!!


2 comentarios:

sonia / jose dijo...

Que original os quedó el final del cuento prehistórico! Además os ha dado hincapié para incluir vuestros dos grandes temarios: los cavernícolas y los gusanitos de seda. Seguro que los Pulpis quedaron encantados y sorprendidos con eses bonitos dibujos y vuestra gran imaginación cómo escritores. Besos a todos eses pequeños artistas y a su profe

Bea (pulpis) dijo...

Claro que quedamos encantados!!!! encantános compartir cousas cos nenos/as de 4 anos, ou de 3... (porque somos os maiores) pero ademais moitos dos nenos e nenas da clase dos globos foron compañeiros dalgúns pulpis o curso pasado, asíq eu... encantanos volver a facer cousas con eles... e se podemos compartir cousas e axudarnos uns ós outros, por que non aproveitalo???
grazas GLOBIÑOS!!!