FRASES PARA A HISTORIA
Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!
Empezamos a semana traballando as comparacións de imaxes e cantidades a través d

o xogo do dominó. Moitos xa coñecían o método de xogo pero todos o "pillamos" rápido e fumos facendo figuras coas fichas na alfombra.
Como xa ven sendo habitual tamén nesta semana compartimos experiencias cos Pulpis. Neste caso visitamos o seu "museo" no que había unha exposición de obras de arte moi particulares. As observamos, limos os titulos e por último fumos votando cal era a que máis gostaba a cada un e recollendo o voto nun panel. Vos tamén podedes votar dende a casa a través do blog dos Pulpis, pero xa vos adianto que é unha tarefa dificil porque son todos moi bos!

!! Chicos sodes uns artist

as!!!
Seguimos traballando na decoración do corredor, neste caso cun animaliño moi primaveral, a bolboreta. Pa

ra rematar a proposta do caderno tivemos que calcar a metade que faltaba nas fiestras e logo decorala, quedaron moi bonitas verdade??
Como vichedes o xoves, rematamos os nosos colares e colgantes de clan cavernicola. Os co

lares os rematamos con boliñas de plasti negra e logo insertamos nun cordel os tubiños e as bolas. Era un traballo complicado porque había que estar moi conce

ntrado para facer ben a serie, que non se escapara o fio, e meter só 5 elementos de cada, ósos e pedras de carbón.
Tamén nestes días traballamos no ordenador o xogo "
Os vermes da seda" (tedes o enlace ao xogo na páxina do cole). Moitos xa o recordaban do ano pasado pero foi útil para lembrar todas as cousas que sabemos do nosos compañeros

de clase (que comen moreira, que fan un capullo, que transformanse en bolboretas...) e mellorar no uso do ordenador; aínda que a algúns non lles fai ningunha falla!!
O sábado foi o Día das Letras Galegas que este ano adicouse a

Xosé María Álvarez Blazquez, aínda que nos preferimos chamalo José María Vázquez!!! Para celebralo na clase falamos un pouco del e escoitamos da súa propia
voz un dos seus poemas:
Ao ver que non tiñas nome. Tras escoitalo propuximos un xogo: averiguar como chamaron finalmente a quen non tiña nome. Nati foi a gañadora do concurso e levou un premio para casa. Logo fixemos unha ficha para recordar o aprendido.
E como o mellor sempre queda para o final chegou o momento da excursión o teatro. Aínda que nos últimos minutos houbo cambios nos planes, e que o tempo non estaba acompañando nada a situación finalmente poidemos acercarnos ao centro civico e ver a función que os compañeiros prepararon durante o curso. Estivo moi simpática e eles o fixeron moi ben, noraboa chicos!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada