O venres despois do recreo voltamos a xogar na casiña, e desta vez temos fotos novas que colgarei no albúm, aquí tedes un adianto!!
Empezando unha nova semana, o luns no patio algúns nenos descobriron que de tanto en
trar e sair estes días do invernadoiro algúns trociños do carbón da festa do Magosto (que estaba gardado no invernadoiro) cairan polo patio e non dudaron en darlle uso como se de autenticos cavernicolas tratárase. Pintaron paredes, chan, e por suposto cara!!!!
Seguindo co noso traballo de investigación, e postos xa en faena despois da "decoración" do patio, tratamos de facer pinturas rupestres sobre un cartón e os debuxos e interpretacións son estupendos!!!
Hoxe probamos unha nova forma de interpretar as pinturas rupestres, traballando sobre
unhas figuras impresas duns cavernicolas que cubrimos con ceras brandas e logo pasándolle unha aguada de acuarela por
encima. Quedou un traballo moi vistoso e moi sinxelo!!
Aínda que non foi o único que fixemos porque, aproveitando a ocurrencia do luns no patio, collimos trociños de carbón e libremente pintaron sobre un papel continuo pero, esta vez si, coas mesmas ferramentas que os cavernicolas auténticos!!!
Tamén, e para deixar xa o tema cavernicola, contarvos que nestes días empezamos un novo libriño no que imos a ir recollendo todas as cousas que aprendemos con este proxecto.
Pero como non só de prehistoria vive o home seguimos a traballa
r o tema das prantas e n
esta semana coñecimos un tipo de pranta algo diferente: o cacto. Falamos un pouco sobre el, que non necesita tanta auga como o resto das prantas e que por iso pode vivir nos desertos, que non ten as mesmas follas que outras senon que ten espiñas para protexerse dos animais... Sorprendeume moito que case todos o coñecían e que sabían moitas cousas del!!!
Por outro la
do tamén temos que contarvos que a nosa plantación está medrar moito e xa sairon os rab
anitos e tamén os xirasois. Será polo que a coidamos porque todos os días o encargado botalle un pouquiño de auga e nalgún momento da mañana todos pasan por ali a velas. Aínda que non son as prantas as únicas que medran porque os vermes, de tanto comer moreira, están xa algo gordiños!!
Como sabed
es o mércores celebrouse o Día do Libro, e na clase tamén o queríamos traballar dalgunha maneira así que
recordamos algúns dos nosos contos preferidos e tratamos de xuntalos todos nun libro. Así por parellas pintaron os debuxos dos contos e escribiron o titulo, para despois pegalos en cartolinas. Unha vez rematado quedou un libro moi chulo co que podemos xogar a recordar as historias dos distintos contos, mezclalas, intercambiar os titulos, ou quitalos e tratar de voltar a colocalos correctamente. Ao libro fixemolle unha maletiña, decorada cos debuxos que eles regálanme, e irá pasando polas distintas casas para que podades xogar con eles, que falen dos contos, e vexades o ben que traballamos todos xuntos. Iso si, fixemos a promesa de que o libro chegará en perfecto estado para que todos o podamos desfrutar!!!

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada