FRASES PARA A HISTORIA

Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!

martes 29 de abril de 2008

Investigando cos Pulpis

Hoxe despois do recreo fixemoslle unha visita os nosos compis de investigación cavernicola: os pulpis.
Aproveitamos que eles teñen na súa clase pizarra dixital e que eu xa rematara o xogo dos cavernicolas para poder velo e xogar todos xuntos. O xogo está colgado no blog na parte esquerda, no apartado de Xogos didácticos.
Fomos vendo e escoitando as diferentes explicacións sobre os cavernicolas e comentandoo todos xuntos, e tamén descobrimos cousas que os cavernicolas de Ponte dos Brozos deixaron agochadas polo cole: armas, dentaduras, paredes con pinturas...
Creo que foi unha experiencia moi interesante, sobre todo para nós que nunca traballaramos coa PDI pero enseguida covertemonos nuns expertos!!!!
Damoslle as grazas os Pulpis por compartir connosco a súa clase e todalas cousas que sabemos dos cavernicolas!!!

1 comentarios:

Bea dijo...

Convidámosvos a voltar á nosa clase cando queirades: a investigar, a xogar, a traballar na PDI... ó que queirades, estades convidadísimos!!!!!
chao