FRASES PARA A HISTORIA

Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!

miércoles 9 de abril de 2008

7-9 de abril

Coa miña volta á aula retomamos os traballos pendentes e, como non, tamén o blog.

Nestes días, adamáis de continuar cos traballos sobre as plantas que xa empezara Sonia e do que xa sabemos moitas cousas, recordamos o noso proxecto e as nosas investigacións sobre os cavernicolas. Creíamos que xa non nos lembrábamos de nada pero ao empezar a recordar o conto todas as ideas foron saíndo das nosas cabeciñas. Coas ideas xa frescas aproveitamos para ver no ordenador algunhas imaxes de pinturas rupestres que penso que gostaron moito. O que máis repetíase nas pinturas das covas eran os bisontes así que nós tamén quixemos pintar algúns para a nosa cova. Como vedes repintense moitas cores porque os cavernicolas pintaban con barro, sangue, cinza, carbón... e son as cores que nós imitamos.




Tamén prestamos atención a chegada hai uns días da primaveira e por iso decidimos que era o momento de decorar de novo o corredor. Neste caso utilizamos cd´s estropeados para usalos como centro das nosas flores e o resultado é moi vistoso!!



Nestes días experimentamos cunha nova actividade, que dende o ano pasado non retomaramos e é a lectura de contos por parellas. De momento parece que a cousa vai ben, aínda que aún temos a algún que custalle un pouca porque "nós non sabemos ler!!!!"

2 comentarios:

Kalar dijo...
Un administrador del blog ha eliminado esta entrada.
Anónimo dijo...

Ola Ana,alédome moito de que estés xa de volta e recuperada.
Quero felicitarvos, pola decoración tan chuli do corredor,pois pareceme moi orixinal.Noraboa a todos polo voso traballo, pois realmente, tedes ideas moi boas.Biquiños Mary