FRASES PARA A HISTORIA
Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!
Aínda que nestes momentos non esté na aula tiña algunhas cousas gardadas e pendentes de publicar así que... aquí van.
Durante as últimas semanas na hora de alternativa a relixión comezamos a xogar a algús xogos de mesa, c

ousa que parece sinxela pero non o é tanto porque hai que tirar ben o dado para que non ande sempre polo chan, hai que saber que número quitamos na tirada e movela ficha (a nosa ficha, para o lado correcto e o número de casillas correcto!!!) Aínda que de momento non terminamos ninguha partida completa está resultando moi divertido.
Tamén seguimos a traballar no proxecto dos cavernicolas. Nestes días investigamos que animais vivian cos homes e mulleres cavernicolas

vendo a peli de Ice Age. Un dos primeiros animais que descobrimos foi o Mamut así que

decidimos facer un propio.
O mamut aínda non está rematado pero o que si o está e a cova na que convertemos a nosa clase e que ten impresionado a todos os nenos do corredor!!

Polo momento non teño máis que contarvos pero aproveito para desexarvos a todos unhas boas vacacións!!!
5 comentarios:
Ola Ana.
Abraiante ese mamut e esa cova! Canto traballiño!
Aproveito tamén para desexarte que te recuperes axiña.
Un saúdo á clase dos Globos e a Sonia.
Cuidate moito para voltar con ganas ó remate do curso, pois o terceiro trimestre (coa chagada do bo tempo, esperemos) vaisenos facer moi curtiño.
Bicos
Publicar un comentario en la entrada