Como xa podedes imaxinar durante estes días dedicámonos a decorar os corredores para a festa que v
iña en camiño, e temos de todo... Nós fixemos unhas estrelas que quedaron moi bonitas aínda que déronnos moito traballo porque tivemos que pin
talas con ceras brandas, picalas, e pegar papeliños de cores!!!
Tamén decoramos con outros dos elementos que non pode faltar no Nadal: a árbore. Este ano quixemos repetila idea do ano pasado pero ó grande e con moita máis luz no corredor, así que o efecto e bastante diferente porque os reflexos dos cds parecen mesmo as luceciñas!!!No álbum do Nadal podedes ver máis decoración do cole.
Tamén no corredor, rematamos o panel do azul que quedou así de ben!
O luns xa empezamos a semana con festa porque Diego cumpliu 4 aniños, e así seguiu o que vai de semana!!!
O martes fixemos unha excursión a Bonilla, e aínda que facía moito frio o pasamos en grande!! Nesta epoca están tan excitados que o mesmo viaxe no bus, que foi moi, moi curtiño, foi todo unh
Como toda a semana está sendo unha festa, para non rompela tónica o mércores visitáronnos os Carteiros Reais que viñan a recoller as cartas que fixeramos para darllas as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente, e tamén deronnos un pequeno agasaio e algúns caramelos!!
Xa vedes que nesta última semana o traballo non lles vai a mancar, xa que, agás algunha cousiña que xa veredes, non están parados moito nas súas mesas.
E así vai seguir...



1 comentarios:
Moi guap@s eses papás e mamás noeis. E a decoración moi traballada e colorida. E...a seguir coa festa, que aínda queda, non?
Publicar un comentario en la entrada