FRASES PARA A HISTORIA

Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!

martes 20 de noviembre de 2007

O día dos nenos

Xa hai uns cantos días que non actualizamos o blog, e non pensedes que non estamos traballando, traballamos moito pero no noso caderno de Charamuscas; repasamos os números ata o 3 (que foron os que oficialmente traballamos o ano pasado, as cores, as formas básicas (que están dando máis dificultades do que pensaba)...
Tamén rematamos a semana pasada o panel do verde, como sempre quedou moi chuli aínda que un pouco baleiro xa que foron poucos nenos os que se acordaron de traer cousiñas... Recórdovos (por se algún esquenciuse de dar a información) de que esta semana toca o cuadrado.
Ademáis de todo isto fixemos unha nova ficha de plástica para decorar o noso corredor (onde xa pouca cousa cabe). Na obra de arte da semana pasada decoramos unha árbore con follas secas e un caracol de plasti, están moi simpáticos!!!

Na clase aproveitamos calqueira cousa para investigar e aprender, de feito ante foi o cumpreanos do meu avó, cumpríu 92 anos e eu o contei e escribimos o número na pizarra. Hoxe é o cumpreanos da miña amiga Nuria que cumple 29 (non lle importará que diga a idade xa que foi cun fin educativo...); ó escribir o número na pizarra decatámonos de que os dous números eran moi parecidos porque usaban o 2 e o 9 pero en diferente orden. ¿serían parecidos?, ¿cal sería maior? Decidimos escribir unha lista de números na pizarra para localizar os números dos cumples. Foi moi divertido, o primeiro que atopamos foi o número dos anos que teñen os nenos da clase: 4. De alí a un pouco o 26, os anos da profe, moi cerquiña os anos de Nuria, un pouco máis abaixo os anos da profe María, e moi moi abaixo, case fora da pizarra, os anos do meu avó.
Moitas felicidades ós dous, que gracias ós vosos cumpres fixemos unha actividade moi chuli!!!

Tamén hoxe celebramos un día moi especial: o día do neno. Con motivo do día vimos cales eran os dereitos dos nenos e recordamos que temos que ser todos moi amigos; decoramos un debuxo que levaremos logo a casa, aprendimos unha poesía, e como era un día especial pintámonos a cara de princesas e indios!!






video

Dende aquí tamén aproveitamos para mandar un biquiño forte ós nenos que están maliños na casa, recuperádevos pronto que botámovos de menos!!!

1 comentarios:

Raquel dijo...

Ola. Moi interesante e práctica a actividade dos números.
Tamén me di Maruxa que lle gostaron todos os paneis que fixeron @s nen@s de 4 anos dos Globos.
Un saúdo para tod@s.