FRASES PARA A HISTORIA

Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!

domingo 25 de noviembre de 2007

Final da semana 19-23 de Novembro

Para rematar a semana fixemos unha nova ficha de plástica, moi acorde con tempo que estamos tendo estes días: fixemos pinguiñas de choiva con plasti azul e ademáis pegamos algodón ás nubes brancas. Foi un traballo moi delicado e dificil, porque enseguida manchabamos os dedos de cola, pero quedou ben e xa están as fichas colgadas no corredor para disfrute de todo o persoal.

Neste final de semana tivemos máis novedades no noso corredor xa que á clase das Ras regaláronlles unha cobaia peluda que é unha chulada, así que a ubicación do hamster tivo que cambiar e agora o temos preto da nosa porta. Cando poida sacarlles unha foto a colgarei para que os vexades.

Na clase seguimos traballando e o venres aprendimos as diferenzas entre distintos instrumentos musicais: os que temos que soprar son de vento, os que teñen cordas son de corda, e ós que temoslles que golpear son de percusión; aínda que según a nosa clase poden ter moitos nomes alternativos: "de darlles", "de golpes", "de así"... O final da mañá vimos un instrumento moi orixinal e os gañadores do concurso de preguntas sobre os instrumentos posaron orguiosos con eles. Xa sabedes que na nosa clase todo vale, así que moitas grazas os catro festeiros que acordáronse de nós e trouxéronnos este agasaio tan especial, presinto que o imos pasar moi ben con eles e sobre todo que imos facer aínda máis ruido que de costume!!!

Creo que xa comentei algunha vez que os venres despois do recreo e o noso momento preferido da semana porque toca xogar na casiña. Persoalmente pareceme un momento precioso e moi divertido porque podo ver como interpretan eles o que a sociedade trasmítelles e como, dentro da propia clase, cada un ten un rol e unha función nos xogos. Tamén alédame poder ver que calqueira pode realizar unha determinada función sin que ninguén lles diga que "eso é de nenos", "eso é de nenas", polo menos de momento...
Nos enlaces da esqueda podedes ver o resto das fotos no álbum "Xogos na casiña" que irei completando semana a semana porque é destes momentos onde están as fotos máis divertidas e curiosas, e aínda non levei a clase os disfraces, cousas que reclaman moito os que xa os coñecen do ano pasado. ¡Prometo levalos pronto!

Con respecto ó panel do cadrado, seguiremos con él unha semana máis xa que temos moi pouquiñas cousas (esta semana só foron 2 nenas as que se acordaron!!). Se alguén doutra clase atopa algunha cousa cadrada por suposto que pode participar!!, aínda que a iniciativa a levemos dende a nósa clase o corredor é de todos!!!!!!!!

3 comentarios:

Raquel dijo...

É coma unha mistura de galería de arte, granxa, escola de música, ludoteca e escola de oficios.
Moitos azos artistas.

Anónimo dijo...

O teu traballo é fabuloso. Encántame o teu blog dende que o coñecín e tódolos días estou mirando a ver se tes algunha novidade na aula. Moito ánimo e segue así. Biquiños.

Anónimo dijo...

Non coñecía as "boas noites" das formigas. Boísimo, penso que a os nenos/as (é coma lle gusta agora O Goberno que se diga)faralles moito chiste. Bicoa a os pequerrechos/AS.