FRASES PARA A HISTORIA

Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!

sábado 10 de noviembre de 2007

Os luns son moi especiais para nós porque como levamos varios días sen vernos contámosnos o que fixemos durante a fin de semana, e ás veces hai sorpresas. Coma esta semana que Laura foi cos seus pais e uns amigos a Santiago e foron pasear polo bosque e atoparon uns "tesouros" que quixeron compartir con todos.

Xa vedes que os "tesouros" eran un montón de froitos do outono, había castañas, noces, bellotas e ata un que non fomos quen de adiviñar que era pero que era moi curioso. Aproveitamos para velos, tocalos e ir familiarizándonos con eles e ademáis para aprender un contrario novo: suave-rugoso. Creo que o entenderon moi ben e deste xeito, de forma directa e relacionado cun tema que lles estaba entusiasmando nese momento, e moito máis doado aprender as cousas.

O resto da semana o adicamos a comezar co libro de Charamuscas que nesta ocasión descubrimos que trataría sobre as casas. Para empezar pensamos un pouco nos diferentes tipos de casas que poden existir, e logo centrámonos en pensar se cada un de nós vivía nunha casa ou nun piso. Moitos o tiñan moi claro e hasta puidemos traballar cos números e as letras xa que foron capaces de dicir o piso e a letra ou o número da casa, pero outros dudaron moito. O final respostaron pero como tampouco tiñamos forma de saber onde vive cada un non houbo moito debate.

A semana foi pasando e cada día estabamos máis cansos, de feito a algún que outro pegáronselle as sabas e tivo que rematar o desaiuno na clase...

O xoves celebramos na clase o cumple de Cristian Varela, que aínda que xa fora o martes non puidemos facelo antes polos nosos horarios, temos a axenda tan apretada... O pasamos moi ben e esperamos que gustáranlle os nosos agasaios. Podedes ver o resto das fotos no álbum dos cumples.


Tamén tivemos tempo de preparar a festa do Magosto, incluso puidemos ver un video que nos prestou Lidia de como recóllense as castañas.
Falando do ordenador, esta semana empezaron a traballar eles sos con algúns programiñas, aínda que, por problemas informáticos, non comezamos a traballar con nosos propios xogos que penso que é o máis interesante.

O venres, como xa sabedes, celebramos a festa do Magosto. Estivo moi ben pero, aínda que penso que case todos as probaron, só algún desfrutou realmente coas castañas mentres que para os demáis era unha oportunidade para xogar no patio.

O que si foi moi bonito foi o poder sacar a nosa primeira foto de familia completa (aínda que esperamos a Hugo para Febreiro) aínda que fora un pouco "porcos" porque usamos os restos das brasas para pintarnos a cara coma auténticos castañas recén pasadas pola lume. Podedes ver máis fotos no álbum do Magosto que iremos completando con fotos dos compañeiros.

Xa para rematar contarvos que temos listo o panel do Círculo e que quedou moi guai, aínda que hai algúns nenos que dedícanse a desfacer o traballo dos demáis. Pero como nós non paramos no noso empeño de aprender e deixar o cole ben decorado a próxima semana faremos o panel do Verde.

5 comentarios:

Raquel dijo...

Ben bonita a foto de familia, si. E o panel do círculo, tamén.

Anónimo dijo...

Ola,está moi ben a foto de familia,están moi simpáticos todos manchados de cisco.Noraboa polo teu traballo.Mary

Saleta dijo...

Hola Ana. Soy Saleta destinada en Moraña, te acuerdas? Acabo de descubrir tu blog y realmente te felicito porque haces cosas muy chulas con l@s niñ@s. Te invito a que visites el mío que también empecé este curso. Voy muy lenta y apenas tengo cosas porque allí no tengo internet en el aula y en el piso tampoco. Dame tu correo porque no quiero perder el contacto contigo. Bicos. Saleta

ANA dijo...

Hola Saleta!! Claro que me acuerdo...además gracias a todos los cursillos a los que vamos nos encontramos bastante a menudo.
Muchas gracias por visitar nuestro blog, nos encanta tener contacto con niños de otros coles.
Mi correo es anaalvarezfontenla@edu.xunta.es.
Danos la dirección de tu blog y así podemos ver lo que haceis en Moraña. Biquiños.

Maló dijo...

¡Hola Ana! Aunque mis niñas ya no están en edad de educación infantil, me encanta ver todo lo que haces. Está fantástico. ¡Sigue así! Y sobre todo, no pierdas nunca la ilusión. Besitos.
P.D.: Yo, que casi te ví nacer, no sabes como me emocionan estas cosas. Aunque me deprima un poco pensando que rápido pasan los años...