FRASES PARA A HISTORIA

Este apartado estrenase coa estrela indiscutible de estes momentos...Maruxa!!
Maruxa estaba contándonos o que fixera o fin de semana: "fun á casa da abuela Maruja y jugue con Adri y con Brais, que son moi brutos porque ven moita violencia na televisión" (15/10/07) IM PRESIONANTE!!!!
Ismael:"estuve pintando dinosaurios...pero de pueblo eh!!" (22/10/07) Queda claro non? Que ninguén pense que eran da cidade...
Pablo estaba traballando o meu carón mentres eu traballaba con Pedro facendo ruidos, caras... e de supeto: "Ana, tú estás loca no?" (24/10/07) En fin...
Andrés: "Ana, sabes que... tengo un culito serrano!!! Mira, éste!!! (movemento co cú)" (24/10/07) De pata negra!
Maruxa: estabamos facendo a actividade dos números dos cumples (buscando o 29-92) e cando por fín atopamos o 92 decatámonos de que estaba moi preto do 100, así que a conclusión de Maru foi: "pois xa ten que morrer!!" (20/11/07) Ti non fagas caso avó, que ti chegas os 100!!
Aldara contounos o que fixo o fin de semana así: "fuimos al bar, pero no al de moteros, al de Arteixo, y se pidieron una garimba!!" (26/11/07) Moi ben dito, claro que logo tivo que explicar ós demáis o que era...
Iria: estabamos contando todo o que trouxérannos os Reis e preguntáronme que me trouxeran a mí e conteilles que unhas botas, un colar, unhas pulseras... e Iria alucinada di: "Carai Ana tú fuiste más buena que nosotros que a ti te trageron joyas!!!" (8/1/08) Eles sí que son xoias, as xoias da coroa!!!
Cris Nimo; iamos empezar un novo caderno e eu pregunto se alguén lémbrase do que son os oficios, "son los sitios donde vive la gente!!!" (7/2/08) E que pregunto unhas cousas!!!
Andrés: estabamos recordando os contos que iamos incluir no libro do Día do Libro e un deles era "O gato lambón" que vai zampandose un montón de cousas ata que o final atopa ao leñador que leva unha macheta. Así que Andrés grita: "y se come al machista!!!" (23/4/08) Tamén podería comer o machista!!

miércoles 31 de octubre de 2007

Nesta semana, aínda que foi moi curtiña, fixemos un montón de cousas...

Xa o luns tivemos unha sorpresa, Ariadna da clase das ras trouxo ó cole unhas setas e prestounolas para que poideramos velas e tocalas. Algún as miraba con cara de fiarse pouco, pero resultaron ser moi suaviñas!!

Para seguir coa investigación activa de froitos do outono cando marcharon as setiñas trouxemos unhas cestas con un motón de cousas: avelás, amendoas, noces... Parece que coñecemos todo isto, pero facelo coas cáscaras non foi tan doado.

Para seguir co tema faltábanos ver outro froito moi importante deste tempo, que hasta ten a súa festa: as uvas!!. Grazas a Jose Carlos (que preparou o video) e a Paula e a súa familia (que trouxeron as fotos) puidemos ver como se fai a Vendima. Xa vedes as caras de entusiasmo... a actividade foi todo un éxito!! Podedes ver o vídeo no blog de Jose Carlos.











O martes empezamos a preparar a festa do Samaín. Recordamos a orixe da festa, e en resumo, así é como a entende a clase: "Os señores da antiguedade recollían os froitos do outono para comer no inverno e no último día do mes de Octubro deixaban todo a recolleita preparada para que baixaran os espritos a bendecila. Pero como eran moi "cagones" tiñan medo de que as pantasmas confudiran o camiño e os asustaran así que puxeron un camiño con velas. As velas apagábanse se chovía ou facía vento, e pensando pensando ocorriuselles metelas nas cabazas!!! Por eso hoxe celébrase o Samaín desta maneira".


Mentres nos preparabamos as coroas do Samaín Pedro e María puxeronse moi guapos... A que
si?







E para rematar... a festa do Samaín!! O mércores dimoslle os últimos retoques as coroas e as cabazas. Xa tiñamos o corredor decorado coas Meiguiñas que alucinaron a todos os nenos, a ver se vos gustan??


O pasamos moi ben como podedes comprobar e ademáis aprendimos unha nova poesía.

video


Por certo!! A semana que ven seguimos co panel do círculo. Ánimo!!

2 comentarios:

Raquel dijo...

Noraboa ás/aos nen@s da clase dos Globos por eses marabillosos traballos.

Anónimo dijo...

Ola,quedaron chulísimas as calabazas.
O corredor está moi ben decorado coas meiguiñas,quedou moi bonito.
Encantame ver, o concentrados que están vendo o video da vendima,alédome de que o visen,pois agora non é moi habitual que vexan esas cousas,xa que se vai perdendo todo co tempo.
Simpátiquisimo o video das calabazas.Un saudiño,dunha nai da clase das ras,Mary.